Home Programas Espazo Aberto “A sentenza á ‘Manada’ é unha decepción absoluta”

“A sentenza á ‘Manada’ é unha decepción absoluta”

0
“A sentenza á ‘Manada’ é unha decepción absoluta”

A polémica sentenza contra os cinco acusados da ‘Manada’, condenados a nove anos de prisión por un delito de abusos sexuais e non de violación, segue a causar un sentimento xeralizado de noxo entre a poboación de todo o Estado, como se puido ver nas multitudinarias concentracións deste xoves. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, apunta que o auto xudicial é “moi inxusto”, polo que o acata pero non o respecta.

Marta Lois: “Este auto é consecuencia dun modelo patriarcal de Xustiza”

Tamén se manifestou sobre este asunto a concelleira de Igualdade, Marta Lois. A edil considera a sentenza unha “decepción absoluta”, consecuencia dun sistema xudicial baseado nun “modelo patriarcal” que deixa en evidencia que aínda queda “moito traballo por facer” dende o movemento feminista.

Pola súa banda, a voceira de Igualdade do grupo parlamentario de En Marea, Paula Quinteiro, lamenta que a muller denunciante pase “de vítima a culpable” neste proceso, ao tempo que critica que algúns medios de comunicación e mesmo un dos xuíces do caso dubidasen da súa versión.

Reaccións dende o Goberno

A forte presión social no tocante a esta sentenza comeza dar os seus froitos. O Goberno central vén de anunciar que revisará os delitos sexuais no Código Penal e podería incluso mudar a tipificación actual do delito de violación. Durante a xornada de onte, altos cargos de PSOE, Podemos, Izquierda Unida ou BNG criticaron esta situación, namentres dende PP e Ciudadanos amosan “respecto” pola sentenza e o sistema xudicial mais aseguran non compartir a mesma opinión.