Home Programas Área Compostela A Semente e as Ikastolas alíanse por unha “escola nacional nos nosos respectivos pobos”

A Semente e as Ikastolas alíanse por unha “escola nacional nos nosos respectivos pobos”

0
A Semente e as Ikastolas alíanse por unha “escola nacional nos nosos respectivos pobos”

A Escola de Ensino Galego Semente e Ikastola Elkartea, a rede de escolas vascas de inmersión lingüística, formalización a súa alianza de colaboración este 17 de maio, un “día de celebración e de loita, de creatividade e de resistencia”.

O primeiro acto da alianza terá lugar ás 11.30 na Alameda de Compostela, co encontro entre Koldo Tellitu, presidente de Ikastola Elkatea, e as familias, activistas e crianzas da Semente. De seguido, participarán xuntas na manifestación pola lingua convocada poal Plataforma Queremos Galego. A presentación pública desta alianza entre escolas terá lugar nun acto central ás 16 horas no adro do Museo do Pobo Galego ou, se chove, no Panteón de Galegas Ilustres.