A Federación Galega de Fútbol Gaélico prepárase para o mundial, que se celebra no mes de agosto. Esta selección naceu hai catro anos e medrou grazas ás victorias que foron acadando e aos patrocinadores que se lle foron unindo.

Hoxe PuntoGal e Voltier Electronics selaron un acordo de patrocinio coa Federación por un período de dous anos. Ambos patrocinadores coinciden en que é unha moi boa oportunidade para levar o deporte e a tecnoloxía galegas polo mundo adiante. O presidente de PuntoGal, Manuel González, explica que é unha colaboración que “vai beneficiar a todos”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -