Home Programas Espazo Aberto A Sardiñada de Sada cumpre 60 anos

A Sardiñada de Sada cumpre 60 anos

0
A Sardiñada de Sada cumpre 60 anos

Un 14 de agosto de 1959 nas Delicias comezou a celebrarase a primeira Sardiñada de Sada que xa ao ano seguinte pasou ao programa de Festas de San Roque. Estes seis decenios fan desta conmemoración unha das citas gastronómicas máis antigas de Galicia que atrae a centos de visitantes. A Gran Sardiñada celebrarase este domingo na área recreativa O Curruncho a partir das 18 horas.

Ademais desta celebración gastronómica, Sada levou a cabo polas súas festas, coincidindo co Día de San Roque, a primeira Regata do Golfo Ártabro. Todo isto irá acompañado da Banda Municipal de Música de Sada, o segundo Desfile de Cabezudos, a Festa dos Maiores ou a verbena.