Medtronic non é unha cidade de Gotham. É unha multinacional norteamericana que fai caixa grazas ao SERGAS. Trátase dunha empresa privada do ámbito sanitario e que ten, na actualidade, cinco convenios coa Xunta de Galicia.
Sobre os intereses da Xunta por ocultar os contidos dos convenios e os beneficios empresariais obtidos por esta empresa do peto das e dos galegos fala hoxe o noso colaborador Xosé Mª Dios Diz, voceiro de SOS Sanidade Pública de Santiago.