A rúa Clara Campoamor modificá o seu actual aspecto grazas á futura estación intermodal. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou en rolda de prensa que xa se adxudicou a redacción do proxecto da súa reurbanización que o levará a empresa Proyfe.
Mellorar a conectividade peonil
A idea é transformar o actual vial nun bulevar urbano no que os vehículos circularen a velocidade reducida e engadirlle un carril bici en cada dirección. Non se restrixirá o acceso en ningún momento aos coches particulares e hanilitarase un carril bici en cada dirección e unha zona central con elementos vexetais.
Segundo informou o edil este proxecto, orzamentado nun millón de euros, podería estar aprobado antes de que acabe o ano para iniciar a licitación. O prazo das obras é de 9 meses para que coincida de xeito paralelo co remate da estación de autobuses, que ten un prazo de execución de 18 meses”.