Monarquía ou república? Unha pregunta que rápido se espallou por todas a universidades do estado, e que fai uns días estaban por case todas as facultades de Compostela e Galicia. O Referendo tivo a repercusión esperada, 8.104 votos entre todas a universidades, cun previsible 90% a favor da abolición da monarquía. Só en Santiago, acercáronse ás urnas máis de 3.500 estudantes.
Nalgunhas universidades, como en Vigo, incluso se baralla a opción de levar a votación aos barrios, e continuar cun movemento que esperan continúe medrando. Porque este “referendo simbólico” pretende ser algo máis que un mero símbolo. Loitar contra a monarquía que escolle bando político, defender o dereito dos pobos a autodeterminarse, construir unha república propia e a medida… estas son algunhas das pautas do movemento, como explican membros representantes de cada unha das Universidades.