O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou hoxe en rolda de prensa que no proceso de recuperación da xestión pública dos servizos de ORA e guindastre non se deixou de difundir ningún documentos, desmentido as afirmacións que onte realizara o voceiro municipal socialista, Paco Reyes.
Segundo sinalou o edil de Compostela Aberta os seguintes pasos da remunicipalización a reunión que manterá a comisión técnica este mesmo mes para levar a pleno en febreiro as súas conclusións.
A recuperación destes servizos municipais aprouna o Pleno da Corporación o pasado 15 de decembro cos votos a favor de Compostela Aberta e BNG e a abstención de PP e PSOE. O proceso administrativo iniciouno o Goberno local logo de recibir a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulara a adxudicación do servizo á empresa Setex Aparki.