O voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, compareceu hoxe no Pazo de Raxoi para expoñer os problemas que atopa o partido arredor do servizo da ORA en Compostela.
Deste xeito,
o concelleiro Rubén Cela alertou que o principal problema para o BNG local será, previsibelmente, que o Concello de Santiago vai ter que indemnizar con máis de 600.000 euros á empresa Doal e responsabilizou a Compostela Aberta de non adxudicar o servizo da ORA e do guindastre tras a sentenza xudicial de setembro de 2015. “Mais cedo que tarde cumprirase o que o BNG leva anos dicindo que ía acontecer, porque o Goberno local non executou esa sentenza e iso será responsabilidade única de Compostela Aberta”, advertiu.
Ademais dunha posible indemnización, tamén consideran preocupante a baixada da rentabilidade do sevizo e que o Concello empregue un recinto que non compre a superfice requerida. En todo caso, a resposta do alcalde de Compostela, Martiño Noriega, non se fixo agardar e trasladou a súa especial sorpresa pola belirexante posición manifestada polo que fora voceiro do BNG local durante boa parte desta lexislatura.