Home Programas Área Compostela “A remunicipalización da auga de Teo demostra que a xestión directa dos recursos naturais é unha opción lexítima e positiva”

“A remunicipalización da auga de Teo demostra que a xestión directa dos recursos naturais é unha opción lexítima e positiva”

0
“A remunicipalización da auga de Teo demostra que a xestión directa dos recursos naturais é unha opción lexítima e positiva”

A Xustiza dálle a razón ao Concello de Teo nun caso vencellado á municipalización da auga baixo o mandato de Martiño Noriega e a concesionaria terá que indemnizar finalmente ao concello veciño de Compostela con cerca de 1,5 millóns de euros. Polo tanto, o TSXG desetimou o recurso presentado por Viaqua contra a liquidación do contrato.

No momento no que se liquidou o contrato con Aquagest (antiga concesionario do servizo de saneamento e abastecemento do Concello de Teo), esta non aceptou o cálculo da intervención municipal. Mentres que a liquidación da Intervención municipal estimaba que Aquagest debía uns dous millóns de euros ao concello, a concesionaria consideraba que o concello lle debía case catro millóns e medio. O que serviu como pretexto para atacar a xestión municipal e acusar ao propio Noriega de provocar un “quebranto millonario” en Teo trala municipalización do servizo.