Comezaron as reunións para o traspaso de poderes na USC. A primeira delas tivo lugar este venres 27 de abril e nela participaron o actual reitor Juan Viaño e o reitor electo Antonio López con seus respectivos equipos en San Xerome.
A xuntanza foi retransmitida por videoconferencia para que os representantes dos equipos en Lugo puideran seguila. A semana vindeira continuarán as reunións de traballo que están previstas en función das competencias asumidas polas distintas vicerreitorías.