A Rede Educativa LGBTIQ+ presentarase oficialmente esta tarde, ás 18 horas, no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña para dar conta dos obxetivos desta iniciativa. Nestes momentos, a Rede está presente en máis de 25 centros educativos galegos como, por exemplo, o IES Politécnico, o IES Carlos Casares, o IES Ricardo Mella, o IES Os Rosais II de Vigo, o IES Agra de Orzán, o IES Eusebio da Guarda da Coruña, o IES Maruja Mallo de Ordes, o IES Xosé Neira Vilas de Oleiros, Io ES Punta Candieira de Cedeira, o CPR Andaina de Culleredo ou o IES Allariz.

O obxetivo desta Rede é combater os prexuízos LGBTIfóbicos existentes e que constitúen a base de condutas discriminatorias que poden culminar en situacións de violencia de xénero, acoso escolar homofóbico e delitos de odio, viñéronse creando nos últimos anos equipos de apoio LGBT en diferentes centros de ensino de Galicia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ana Ojea, cofundadora da Rede, comenta que “a importancia da Rede reside no feito de que é o propio profesorado do sistema educativo galego quen toma a iniciativa na defensa dos dereitos das persoas LGBT e a súa visibilidade nos centros educativos, loitando contra a discriminación e o acoso escolar LGBTIfóbico, construíndo escolas mais libres e seguras para todas as persoas integrantes das comunidades educativas”. Hai uns meses, Ana Ojea explicaba o proxecto ante as cámaras de Nós Televisión.

Nestes centros constituíronse asembleas de alumnado LGBT e deseñáronse actividades na procura da necesaria sensibilización, coñecemento e concienciación sobre a diversidade afectivo-sexual, a diversidade familiar e as diversas identidades de xénero, para lograr modificar as condutas fóbicas, e fomentar a participación e o exercicio da cidadanía como instrumentos imprescindibles para o libre e digno desenvolvemento humano, neste caso en materia de igualdade na diversidade. Na Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia colaboran xa mais de 200 persoas do mundo da Educación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -