Home Programas Espazo Aberto A recuperación do paridoiro de Verín, o veto parental e o benestar animal, tres temas que entran no Parlamento

A recuperación do paridoiro de Verín, o veto parental e o benestar animal, tres temas que entran no Parlamento

0
A recuperación do paridoiro de Verín, o veto parental e o benestar animal, tres temas que entran no Parlamento

“O veto neandertal é algo que xa inventara Feijóo aquí para atacar a lingua galega”. Así reaccionou a voceira do BNG, e candidata nacionalista á presidencia da Xunta, ante a polémica do veto parental nas escolas. Este mecanismo de control impulsado polo goberno murciano dálle ás titoras e titores legais das crianzas a posibilidade de decidir as actividades e temas lectivos dirixíndose especialmente a cuestións como a educación sexual ou a violencia de xénero. No Parlamento galego, todos os grupos con representación no Parlamento, agás o PP, amosaron o seu rexeitamento a esta iniciativa promovida pola ultradereita española.

O aspirante á presidencia da Xunta do PSdeG, o socialista Gonzalo Caballero, ve no veto parental un “instrumento da dereita para frear a modernidade social e a educación en valores”. Ante isto, defendeu a “profesionalidade” das profesoras e profesores fronte a “criminalización” que o Partido Popular “quere facer da educación pública”.

Do mesmo xeito, o voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou esta medida e apostou polos “valores de convivencia e tolerancia”.

Benestar animal

Por outra parte, o Grupo Común da Esquerda reclama á Xunta un compromiso “claro” co benestar animal e anunciou a presentación dunha batería de iniciativas para que a Lei de Benestar Animal. Así o expresou a voceira Luca Chao, quen destacou que “garantir unha relación respectuosa e de coidado con todos os seres vivos será unha das nosas liñas de traballo nos meses que temos por diante. Aquí e no Estado, coa estupenda oportunidade que supón ter a primeira dirección xeral de benestar animal da historia”.

Paridoiro de Verín

O Bloque Nacionalista Galego aplaudiu a rectificación do Partido Popular na súa decisión de pechar o servizo de paridoiro en Verín que considera un “éxito da mobilización social e da comarca de Verín”. “Se somos consecuentes, o primeiro que tiña que dimitir sería Feijóo”, apuntou Ana Pontón. “Tomou esa decisión en base a mentiras”.

Pola súa parte, o Partido Popular Galego pedíu perdón “na medida en que puido darse un erro na xestión” no caso do peche do paridoiro de Verín. Pedro Puy ignorou as solicitudes de dimisións con referente este caso e centrou o seu discurso no posicionamento do seu partido con respecto as forzas da ultradereita. “O PP é garantía de moderación fronte os extremismos”.