Home Programas Área Compostela “A rebaixa no prezo do bus é un paso histórico para A Coruña”

“A rebaixa no prezo do bus é un paso histórico para A Coruña”

0
“A rebaixa no prezo do bus é un paso histórico para A Coruña”

Na Coruña o prezo do bus non fixo máis que subir durante os últimos trinta anos e, parello a isto, os beneficios da empresa concesionaria. Agora, coa oposición da compañía de tranvías, o Concello aprobou unha histórica baixada das tarifas do transporte urbano.

A baixada faise tras proceso de confrontación directa coa empresa concesionaria que chegou a solicitar medidas cautelares nos xulgados para deter a rebaixa nas tarifas. En todo caso, o goberno dirixido por Ferreiro finalmente puido seguir adiante con esta redución, grazas á negativa do xulgado a aceptar as peticións da empresa esgrimindo que a esta non acredita que a diminución de ingresos non fai o servizo viable. De este xeito, e dende o pasado venres, o prezo do billete do bus urbano baixa na Coruña un 8%.

O concelleiro de mobilidade, Daniel Díaz Grandío, amósase satisfeito ante as cámaras de Nós Televisión por esta “rebaixa histórica” nas tarifas do transporte urbano e sinala que “por primeira vez en trinta anos o prezo nas tarifas do transporte urbano diminúe na cidade”.

As novas tarifas

Así, desde o pasado 1 de febreiro, a nova o billete ordinario reducirá o seu custe en dez céntimos (de 1,30€ a 1,20€) así como tamén o prezo do viaxe realizado a través da Tarxeta Millennium cuxo billete custará 75 céntimos fronte os 85 actuais. O prezo do bono social ficará en 33 céntimos e o universitario en 30. Ademais, o novo sistema establece a posibilidade de realizar transbordos gratuítos nas liñas da compañía e o billete gratuíto para menores de 13 anos.