A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis nas celebracións das festas do Apóstolo. A praza da Quintana acollerá mañá xoves, 19 de xullo, un concerto dirixido polo mestre titular da agrupación, Paul Daniel, ás 21:00 horas. A RFG tocará xunto ao grupo compostelán de jazz Sumrrá, na que será a estrea absoluta do seu proxecto Sumrrá sinfónico
Entradas esgotadas
Esta mañá presentouse no Auditorio de Galicia o concerto da RFG con @Sumrra_jazz, que se celebrará mañá xoves na praza da Quintana. O grupo define esta experiencia como “un dos acontecementos máis relevantes da nosa carreira". @pauldaniel321 https://t.co/KvAne1M77T pic.twitter.com/XYth193zqG
— Real Filharmonia G. (@rfgalicia) July 18, 2018
O concerto presentouse esta mañá en rolda de prensa, coa presenza dos membros do grupo; da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, quen se referiu a Sumrrá como “un referente moi potente para a música na cidade, para a música ao vivo”; e o director da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel. O director falou do grupo como “xente talentosa e xenerosa”. Explicou que “a historia con Sumrrá comezou unha noite na Casa das Crechas, en Compostela, escoitando unha actuación súa. E pensei que habería que facer algo con este músicos excepcionais e a Real Filharmonía de Galicia, que podía funcionar”.