Home Programas Espazo Aberto A Radio Galega emitirá este verán máis de 200 horas de programación pregravada

A Radio Galega emitirá este verán máis de 200 horas de programación pregravada

0
A Radio Galega emitirá este verán máis de 200 horas de programación pregravada

As traballadoras e traballadores da CRTVG volven vestir de negro un venres máis. As protestas contra a manipulación informativa, que se visibilizan nos venres negros, chegan xa á semana número 61.

Desta volta, no epicentro das protestas atópase o recorte de programación en directo na Radio Galega de cara o periodo estival. O cadro de persoal da RG elaborou un documento no que denuncian as máis de 200 horas pregravadas e enlatas que se lanzarán en antena en verán como ferramenta para cubrir as vacacións das traballadoras, en troques de tirar das listas de contratación. No documento, as traballadoras tamén advirten de rotacións de horario forzosas ou a sobrecarga de traballo das contratadas en prácticas, a quen lles destinan as informacións máis sensibles mentres que a outras traballadoras se lles afasta “por motivos pouco claros”.