Home Programas Espazo Aberto A Radio Galega eliminará o “Diario Cultural” a partir de setembro

A Radio Galega eliminará o “Diario Cultural” a partir de setembro

1
A Radio Galega eliminará o “Diario Cultural” a partir de setembro

“É tremendo como xogan con desmantelar todo… Estou moi apenada, disgustada, cabreada..”. Deste xeito describía a xornalista Concha de la Fuente a súa indignación logo ao saber, a través do Comité Intercentros da CRTVG, a programación da nova tempada 2018-19 da Radio galega que comezará o 10 de setembro e na que non contan coa actual estrutura do programa Diario Cultural.

Suprimen o Diario Cultural despois de 28 anos

“Quédanse coa marca e desnaturalizan o Diario Cultural para crear sucedaneos a todas horas e en todas as franxas horarias”, sinala a xornalista na súa conta de Facebook e apunta aos responsables desta decisión, “unha etapa importante da Radio Pública de Galicia reamata grazas a intervención das responsables da RG neste momento Tania Lombao e Alejandro López”.

Hoxe no Comité Intercentros da CRTVG presentáronnos a programación da nova temporada 2018-2019 da Radio Galega que…

Publicada por Concha De La Fuente Pérez en Martes, 8 de mayo de 2018

Programa veterano

O programa “Diario Cultural” naceu no ano 1990 e está conducido por Ana Romaní. É n dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Nesta longa traxectoria conseguiu achegar aos fogares galegos a información cultural máis relevante e activar novas formas de participación como o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.