A provincia de Pontevedra tivo unha ocupación hostaleira do 65% na ponte das Letras Galegas

Segundo datos da Deputación os resultados coinciden cos da Semana Santa coa comarca de Caldas coa mellor porcentaxe

Satisfacción na Deputación de Pontevedra polos datos de ocupación hostaleira na provincia na pasada ponte das Letras Galegas. Segundo deu a coñecer a presidenta da Deputación, Carmela Silva, os establecementos chegaron a ter un 65%.

A comarca que mantivo a porcentaxe máis elevada foi Caldas co 86%, seguida de Pontevedra co 76%, da comarca do Morrazo co 73%, Vigo co 72% e O Salnés co 65%. As comarcas do Condado e A Paradanta acadaron o 51% de ocupación hoteleira, Deza e Tabeirós-Terra de Montes o 48% e a comarca do Baixo Miño o 47,6%. En canto ao turismo rural a ocupación, tal e como asegurou a presidenta provincial, ascendeu ao 33%.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Record de visitas en Soutomaior

O castelo de Soutomaior batiu record estes días. A primeira fin de semana da xornada de portas abertas superábanse as 1.000 visitas e nesta ponte chegaron ás 3.000 as persoas que acudiron ata Soutomaior procedentes de diferentes lugares da xeografía galega e do estado.

Carmela Silva anima á cidadanía a “coñecer o vangardista proxecto de musealización inaugurado a semana pasada xa que, ata o 25 de maio, mantemos as xornadas de portas abertas gratuítas”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -