SEO/BirdLife aproveitou este verán para comezar cun proxecto de conservación da píllara das dunas (charadrius alexandrinus) nas praias do Barbanza, a área xeográfica máis importante de Galicia para esta ave. O proxecto, que conta coa axuda da Deputación da Coruña, ten como obxectivo a conservación da especie durante o seu período reprodutor, que coincide coa plena afluencia de turistas ás praias. Por esta razón, realizan visitas aos areais para sensibilizar e informar ás persoas sobre a importancia de non obstaculizar a supervivencia da píllara das dunas nesta zona. As praias de Xuño, Muro ou Coroso son algunhas das zonas nas que xa actuaron.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -