A prensa en galego denuncia “dopaxe” do PP e “falta de transparencia” na financiación aos medios

Falamos cos directores de Sermos Galiza e Praza Pública sobre as polémicas declaracións do exsecretario de Organización do PP, Pablo Crespo, sobre sobresoldos a xornalistas coa caixa B do partido

As declaracións do exsecretario de Organización do PP, Pablo Crespo sobre a financiación irregular do seu partido e o pago de sobresoldos a xornalistas causou indignación na profesión.

- Publicidade -

Se hai algo que investigar, que se investigue

Para o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, deberían investigarse estas afirmacións que implicarían, mesmo, as sucesivas vitorias do PP. “Eu non son corporativista”, indicou a Nós Televisión, “mais o que é seguro é que o PP gañou elección tras elección dopado”.

Temos dúas sentenzas que acreditan no financiamento irregular

Medran os interrogantes. Polo seu lado o director de Praza Pública, David Lombao, hai que tomar con cautela as palabras de Crespo por tratarse dun político “con sentenza firme por corrupción”. Gustaríalle ten máis datos dos que di ter no seu poder Crespo sobre todos eses pagos e asegura que na financiación dos grandes medios de comunicación galegos “falta transparencia”.

O político pontevedrés dirixiu o aparato do PP en Galicia desde 1995 ata 2003 e foi condenado en 2017 a 13 anos e 3 meses de prisión e ao pagamento dunha multa de 3,9 millóns por tráfico de influencias, falsidade documental, suborno, malversación e asociación ilícita.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego