Home Programas Espazo Aberto A precariedade laboral leva ás recén graduadas en enfermería a continuar coa súa formación

A precariedade laboral leva ás recén graduadas en enfermería a continuar coa súa formación

0
A precariedade laboral leva ás recén graduadas en enfermería a continuar coa súa formación

A crítica situación na que se atopa actualmente o sector da enfermería fai que dende as universidades comecen a impulsarse novos camiños que o alumnado pode tomar ao remate da carreira. A vicedecana da Facultade de Enfermería, Raquel Rodríguez, asegura que unha boa opción para os recén graduados é prepararse para adicarse á docencia universitaria. Pero tamén hai outros moitos camiños como a investigación ou o traballo en ONGs.

A Facultade de Enfermería ven de organizar as II Xornadas sobre Saídas Profesionais para Enfermería, co que se pretende informar ao alumnado do cuarto curso de todas as opcións que teñen ao rematar a carreira, ademais de prepararse para o SERGAS.