Home Espazo Aberto Cultura A Praza dos Libros de Carballo arrancará mañá co pregón de María Reimóndez

A Praza dos Libros de Carballo arrancará mañá co pregón de María Reimóndez

0
A Praza dos Libros de Carballo arrancará mañá co pregón de María Reimóndez

A Praza dos Libros de Carballo volve un ano máis ao Xardín Mundicipal. Nesta nova edición, que transcorrerá do 11 ao 14 de xullo, contarase cunha multitude de actividades e actuacións musicais, ademais do feixe de libros que enchen de creatividade estas datas. Ás 12.30 horas deste xoves, María Reimóndez dará o pregón coa actuación da Banda de Gaitas de Carballo. Xa pola tarde terá lugar o concerto de presentación do libro-disco ‘A nena e o grilo máis aló’, de Magín Blanco e ás 20 horas haberá unha conversa de autoras entre María Canosa e Concha Blanco, que falarán sobre as súas obras ‘Caderno de lúas’ e ‘Macedonia de versos’. Logo, ás 21.00 horas, Daniel Asorey presentará ‘As mulleres da fin do mundo’.

En total, nun horario que irá de 11:00h a 14:00h e de 18:00 a 22:00h, a rúa encherase de cultura con personalidades como Anxo AMoure, Magín Blanco, María Canosa, Concha Blanco, Diana Varela, Pakolas, Xoán Curiel, Ledicia Costas, Aldaolado, Manuel Rivas, Manel Cráneo, José Antonio Andrade… ou os carballeses Alberto Varela Ferreiro, Xan Fraga, Isabel Villanueva, Laura Tova, Miguel A. Alonso Diz, Fernando Calvo Trincado, Xabier Maceiras… Ademais, as librarías sacarán os libros á rúa con descontos: Á lus do candil (Arteixo), Lila de Lilith (Santiago) e as carballesas Brañas Verdes, Ler, Trasgo, Teldy e Punto e Coma, ademais de Demo de Phottic.