Home Programas Área Compostela A Praza do Obradoiro acolle a celebración do Día das Linguas de Signos

A Praza do Obradoiro acolle a celebración do Día das Linguas de Signos

0
A Praza do Obradoiro acolle a celebración do Día das Linguas de Signos

Como cada 14 de xuño, hoxe celebrouse en Compostela o Día das Linguas de Signos. “Todos xuntos signamos”, dicía Ana Senra, veciña de Santiago, durante a súa intervención.

O evento tivo lugar a media mañá na Praza do Obradoiro e nel non só interveu a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, promotora do acto, senón que tamén se deixaron ver figuras da política. A concelleira en funcións Concha Fernández adicoulle unhas palabras aos asistentes. “A lingua debe estreitar canles de comunicación, canles colectivas”, dicía a concelleira.