Alberto Núñez Feijóo perdería as eleccións deste 2020 segundo o último barómetro de Sondaxe. A posibilidade de acadar un tripartido entre o PSdeG á cabeza, un BNG á alza e un Podemos que procura non perder máis posicións vai cobrando forza. Iso si, En Marea non acadaría ningunha representación segundo esta sondaxe, ao mesmo que Ciudadanos e Vox. Esta medición de forzas entra hoxe no Pleno do Parlamento, que se celebra dende as 10.00 horas, no que será a primeira sesión de control do ano ao presidente da Xunta.
O desmantelamento do Centro Coreográfico Galego continúa marcando esta semana. A protesta do sector cultural entrou no Pazo do Hórreo da man da voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao. A raíz deste tema, e preguntado por Nós Televisión, o popular Pedro Puy botaba balóns fóra do seguinte xeito: