O Museo de Pontevedra adáptase aos tempos da COVID-19 e ofrece unha nova forma de visitar as súas instalacións: ‘A porta pechada‘. Todos os luns ás nove da mañá, publícase nas redes sociais un vídeo no que o persoal dos diferentes departamentos do Museo ofrecen unha visita guiada nalgunhas das sala, coleccións ou obras expostas no Sexto Edificio e no Sarmiento. Como, por exemplo, é ‘Epílogo‘, de Eliseo Meifrén, comentado por Paula Tilve.
Tamén dende o departamento de Educación, Beatriz Bujía Couso ensinounos o retrato da dama de rosa, doña Joaquina de Osma y Zavala do pintor Joaquín Vaamonde.