“A política forestal de Feijóo é unha oportunidade perdida para Galicia”

Os tres partidos da oposición lamentan o "desleixo" do Goberno galego no tocante aos lumes

O pasado sábado rexistrouse, preto do monte do Pedroso, o primeiro incendio do ano en Galicia. Este suceso, que se produciu nunha superficie repleta de eucaliptos, fixo saltar as alarmas no tocante á política forestal do país. No Parlamento, as tres forzas da oposición lamentan a “piromanía” dunha executiva que “só defende o propio Partido Popular”.

- Publicidade -

O monte galego é un polvorín

A voceira do BNG, Ana Pontón, acusa á Xunta de impulsar un “abandono programado do medio rural” e converter o monte nun “polvorín”. Fernández Leiceaga, líder do PSdeG-PSOE no Parlamento, lamenta que as propostas do Goberno galego sexan unicamente “retoques cosméticos” que non solucionan o problema. Así e todo, dende En Marea inciden na necesidade de crear un “pacto nacional” para mudar a ordenación territorial e combater o “desleixo absoluto” do Goberno galego.

O PP, “satisfeito” coa súa política forestal

Pola súa banda, o grupo popular asegura estar “satisfeito” coas medidas tomadas pola Xunta en materia forestal e pide “conciencia común” á oposición para traballar neste eido. En calquera caso, o 31 de maio rematará o prazo imposto polo propio Núñez Feijóo para dotar aos concellos de recursos e “franxas de protección” contra o lume, mais todo semella indicar que o proceso se demorará no tempo.

Esta proposta, segundo os partidos da oposición, chegará “tarde” e será “insuficiente”, xa que “só permitirá actuar sobre unha vintena de municipios de cada provincia. En total, veranse afectadas 4000 hectáreas forestais das máis de 1’4 millóns que existen en Galicia, e a contía destinada a tal fin non chegará aos dez millóns de euros.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego