Home Programas Espazo Aberto A Policía Nacional identifica un home que portaba a bandeira republicana na Coruña

A Policía Nacional identifica un home que portaba a bandeira republicana na Coruña

0
A Policía Nacional identifica un home que portaba a bandeira republicana na Coruña

Os axentes da Policía Nacional identificaron este martes un home que portaba unha bandeira republicana mentres, ao seu carón, tiña lugar a manifestación convocada pola asociación ultradereitista Foro LC en contra do Goberno central. Así o reflexan as imaxes difundidas por Galiza Contrainfo.

O dereito á manifestación suscitou nos últimos días grandes debates. Por un lado, a ultradereita mantén as súas mobilizacións en practicamente todo o Estado mentres que os sindicatos galegos viron as súas protestas anuladas ou reprimidas. Por un lado, o Tribunal Constitucional mantivo a prohibición da manifestación do 1º de maio da Central Unitaria de Traballadoras, que consistía nunha caravana de coches en Vigo, ou identificacións ás sindicalistas da CIG que se concentraran mantendo as medidas de seguridade e de distancia física.