Home Programas Área Compostela A “poesía con respiración” osixena Compostela

A “poesía con respiración” osixena Compostela

0
A “poesía con respiración” osixena Compostela
SONY DSC

As principais voces da poesía galega e internacional cítanse do 21 ao 24 de marzo no Teatro Principal para celebrar a primeira edición do Festival de Poesía para Corpo Principal de Compostela. As xornadas inaugúranse o mércores 21 con motivo do Día Mundial da Poesía, e consistirán nunha sucesión de recitais, conferencias e diálogos abertos ao público.

Se algo caracteriza ao festival é o seu propio nome. Antón Lopo, director artístico deste singular certame, entende a poesía como algo físico, “con respiración”; a base da nosa voz.

Este evento supón, asemade, unha forte aposta pola cultura galega. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, valorou o “cultivo e proxección” da lingua, salientando o seu valor de vencello cos países lusófonos.

Entradas de balde

As entradas para todas as actividades do festival son de balde, mais as e os asistentes deberán recoller previamente as súas invitacións nas billeteiras do Principal a partires deste xoves 15 de marzo, en horario de 18 a 21 horas.

Dossier informativo