A Plataforma Veciñal Mina de Touro O Pino NON lanzou este martes o seu himno de loita, unha adaptación do ‘Canto da pinga e a lavandeira‘. Esta versión dáse a coñecer despois de que a pasada fin de semana o colectivo organizase un magosto combativo no que contou coa colaboración de Montescola e do Centro de Saberes para a Sustentabilidade que puxeron en escea o espectáculo de monicreques basado na obra ‘A mina contamina’, onde as protagonistas Pinga e Lavandeira relatan as consecuencias da minería contaminante e instan a formar parte activa da solución aos problemas causados polo extractivismo.
Home Espazo Aberto Medio ambiente A Plataforma veciñal contra a mina de Touro estrea himno de loita: o ‘Canto da pinga e a lavandeira’