A oposición veciñal ao parque eólico que quere construír Endesa en Paradela, Lugo, decidíu organizarse e formar a Plataforma Stop Eólicos para facerlle fronte á empresa. A plataforma denuncia o “impacto inasumible” sobre a paisaxe que supón a instalación dos 27 aeroxeneradores, tal e como pretende a compañía.
Nun comunicado, o colectivo anuncia unha campaña informativa para advertir dos impactos negativos que ten para a zona da Ribeira Sacra a instalación dos parques eólicos ‘Paradela’ e ‘Serra das Penas’ por parte da filial Enel Green Power España. Denuncian, ademais, que as galegas e os galegos sexan quen pague a factura máis cara a nivel estatal nunha terra como a galega que é excedentaria en canto á produción de enerxía. Finalmente, a Plataforma considera urxente un novo plan sectorial eólico “que respecte ás paisaxes singulares de Galicia”e un Goberno da Xunta “que vele polo interés xeral da poboación”.