
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela denunciou, a través dun comunicado de prensa, a “nula resposta” por parte da Xerencia de Xestión Integrada de Compostela e a Consellaría de Sanidade, ao requerimento feito en tres ocasións para manter unha xuntanza en relación aos problemas fundamentais da Sanidade Pública de Compostela e a súa comarca.
En concreto, desde SOS Sanidade Pública lamentan que se desbotara a posibilidade de falar sobre o Plan Funcional e do Plan de Previsións, sobre a non substitución dos profesionais e os problema que ocasiona de masificación das consultas e as largas listas de agarda que se provocan.
Ademais, desde a plataforma unitaria quixeron enviar tamén unha mensaxe de apoio a todas as reivindicacións do persoal de urxencias en folga e dos PAC.
Vetados do Consello Asesor de Pacientes de Compostela
Manifestan tamén dende a Plataforma a súa sorpresa ao non ser convocados a participar na constitución do Consello Asesor de Pacientes, dalgo que si se fixo con outras organizacións de pacientes e familiares de pacientes e tamén asociacións de usuarios do sistema sanitario. “Pensamos que será que non queren que estemos e o motivo será por que algo teñen que ocultar” resaltan desde SOS Sanidade Pública ao tempo que esixen que sexan convocados e para a seguinte xuntanza