A Plataforma veciñal Mina de Touro-O Pino NON continúa a dar pasos logo de que a Xunta emitise unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) negativa ao proxecto de reapertura da mina de cobre nestes concellos. A veciñanza quere avaliar tanto o traballo realizado nos últimos anos como o futuro e, para iso, convoca para este sábado 29 ás 20 horas na Casa da Cultura de Touro un acto informativo e coloquio.
Nesta reflexión participarán tres compañeiras da Plataforma Mina Touro-O Pino NON e tres convidados, representantes de organizacións que apoiaron esta loita: a Sociedade Galega de Historia Natural, a Plataforma pola defensa da Ría de Arousa e a asociación ecoloxista ADEGA. O obxectivo do acto é “realizar colectivamente un balance do traballo realizado
e dos obxectivos acadados, dunha banda, e pola outra, dimensionar os resultados conseguidos, valorar a situación actual e tratar de prever as consecuencias futuras que
se poden producir”.