A ‘Plataforma Casalonga Limpa’ desbota o “vertedoiro encuberto” que agora propón Toysal

A plataforma vén de convocar novas asembleas informativas para analizar o "perigo medioambiental" que supón o novo proxecto presentado pola empresa para "rexenerar" a vella canteira

“Toysal presenta unha nova solicitude para montar un vertedoiro encuberto” na vella canteira da Casalonga. Con esta claridade se amosou a Plataforma que aglutina á veciñanza afectada. Para este vindeiro venres está convocada unha nova asemblea informativa (20:30 no Restaurante Sanmartiño de Calo).

Para a Plataforma, a nova proposta de Toysal responde a unha simple escusa para executar os seus plans iniciais

Tras estudar o novo proxecto de Toysal e estudar as opcións reais, conversamos hoxe cun dos voceiros da ‘Plataforma Casalonga Limpa de Residuos’, Jose Antonio Ferreira, para que nos explciara as novas actuacións.

Tanto é así que o propio Ferreira fala de novas “escusas” de Toysal para envelenar o futuro da zona cunha nova instalación para xestionar nove millóns de metros cúbicos de residuos. As e os veciños desconfían tamén das novas promesas de Toysal: “Calquera se fía agora ante os antecedentes de ilegalidades por parte da empresa” e destacan o enorme tráfico de camións polas estradas da contorna que suporía a posta en marcha do novo plan de Toysal

“Non imos parar”

Nova mobilización: “Non queremos unha herdanza envelenada”

O domingo 23 pola mañá fárase una cadea humana na canteira, para “amosar a unidade veciñal e non permitir que entre nada que non sexa legal de verdade e que non sexa agresivo para a contorna”. Será, en todo caso, a segunda cadea humana realizada pola veciñanza de Teo e partirá ás 11:00h desde a pista da canteira da Casalonga. “Trátase dunha nova e necesaria concentración reivindicativa para expresar a nosa repulsa ao plan de restauración da canteira, que consideramos un vertedoiro encuberto”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego