Home Espazo Aberto Medio ambiente A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia un novo ataque de Toysal

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia un novo ataque de Toysal

0
A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denuncia un novo ataque de Toysal

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos advirte que se presentou un novo Plan de restauración sen apenas modificacións con respecto aos dous anteriores polo que continúan sen ver garantía algunha de que a empresa non converta o monte de Casalonga, no concello coruñés de Teo, nun “vertedoiro encuberto”. O novo informe, segundo avalía a Plataforma, muda con respecto ao anterior na inclusión dunha empresa externa para vixiar o contido dos residuos que alí se depositen.

Dende a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos anuncian que están preparando as alegacións oportunas contra o Plan que se prevé que sexa de exposición pública no verán. A veciñanza tamén se prepara para a convocatoria dunha gran mobilización en defensa da vila. Polo de agora, non trascendeu data algunha.