Home Programas Espazo Aberto A paradoxa do sector lácteo galego

A paradoxa do sector lácteo galego

0
A paradoxa do sector lácteo galego

Galicia é a rexión láctea líder en producción no Estado, calcúlase que un 40% do total, e aínda así dedicarse a este sector non resulta rendíbel. Motivada pola necesidade de xerar espazos nos que reunirse para debater sobre o declive da industria galega e con sorte atopar respostas, celebrouse en Santiago a Xornada sobre as Perspectivas no Sector Lácteo. Unions Agrarias e a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros son as asociacións que organizaron o acto.

“Levamos practicamente dous anos nos que o leite galego ten un prezo inferior ao de resto de comunidade autónomas“, como explica o Secretario Xeral de Unións Agrarias Galicia, Roberto García. Recalca que hai que deixar de facerlles aos gandeiros “a conta á baixa cando nestes tempos houbo un aumento dos costes de producción“.

Na procura dun trato xusto

Non piden máis que un trato xusto, e piden que o Goberno faga “algo máis que observar”, engadiu o Secretario de Gandaría da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros, Roman Santalla. “Se nós non somos capaces de facer que o prezo suba como no resto de Europa, non lles queda máis remedio á Xunta de Galicia e ao Goberno Centra que intervir“.

Ante todo, reclaman que a produción leiteira deixe de ser un traballo precario.