A paisaxe, produto de interese do Camiño

O borrador do Plan Especial presentado polo Concello presta especial atención á conservacion dos valores tradicionais e da paisaxe do Camiño de Santiago

O Concello presentou na Xunta o borrador do Plan Especial Director do Camiño Francés, elaborado en colaboración co Consorcio, que amosa un novo enfoque: a protección e ordenación da paisaxe. O obxectivo é o de “preservar o medio ambiente, as augas continentais, os espazos naturais, as vías de comunicación, as paisaxes de interese, o patrimonio cutural e outros valores análogos”.

En resumo, como explicou o Concelleiro Jorge Duarte, trátase de “preservar os valores tradicionais que fan que o Camiño sexa Patromonio da Humanidade“, e asegurarse de que as futuras modificacións da zona sexan “acorde á paisaxe”.

Para este plan urbanístico, elaborouse un catálogo pormenorizado, un documento normativo e un programa de actuación que estableceran medidas que garantan a conservación e recuperación dos valores que deban protexerse.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego