Home Programas Espazo Aberto A oposición recrimínalle á Xunta que só enumere cifras da violencia machista sen facer unha análise global

A oposición recrimínalle á Xunta que só enumere cifras da violencia machista sen facer unha análise global

0
A oposición recrimínalle á Xunta que só enumere cifras da violencia machista sen facer unha análise global

O programa da Xunta e as entidades sociais para a asistencia a vítimas de trata con fins de explotación sexual atendeu no 2018 a 690 persoas que, na súa maioría, tiñan entre 25 e 54 anos. Así o reflexa o informe anual sobre violencia de xénero que presentou a Secretaria Xeral de Igualdade no marco da Comisión 5ª.

A oposición considera que os datos son insuficientes. “De cara ao futuro á Xunta correspóndelle impulsar non só estudos cuantitativos senón tamén cualitativos”, di Noa presas, deputada polo BNG. O PSdG concorda con esta proposta e a súa deputada María Luísa Pierres di: “as mortes non poden ser o único dato a analizar, debemos atender a todos os datos de todo tipo de agresións e facer unha lectura moito máis global”.

Paula Quinteiro, deputada por En Marea, engade a esas propostas a necesidade de reflexionar sobre como se elaboran e se levan a cabo as campañas contra a violencia machista. “É importante asentar as campañas no tempo, non poñerlles data”, explica Quinteiro.