A oposición pide a Feijóo que “escoite” o rexeitamento popular á mina de Touro

BNG, PSdeG e En Marea instan á Xunta á frear un proxecto que constitúe unha "bomba ambiental" para a contorna

A multitudinaria concentración en Compostela contra o proxecto mineiro de Touro e O Pino provocou este luns unha ondada de reaccións no Parlamento galego. A voceira do BNG, Ana Pontón, considera que a Xunta está obrigada a “frear” esta mina, xa que, de seguir adiante, constituiría unha “bomba ambiental” para a contorna.

Tamén o líder do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, pediu que se respecte “por riba de todo” a calidade das augas do Ulla e a ría de Arousa. De non garantirse, o Goberno galego debería “denegar” a licenza á empresa Atalaya Mining.

Luís Villares, dirixente de En Marea, lembrou que nas mobilizacións participaron “alcaldes do PP” e votantes do partido “decepcionados con Feijóo”. Para Villares, este domingo viviuse un “cántico de esperanza” da xente e un “funeral” do Partido Popular.

- Publicidade -