Home Programas Espazo Aberto A oposición considera insuficientes as medidas da Xunta a prol do galego

A oposición considera insuficientes as medidas da Xunta a prol do galego

0
A oposición considera insuficientes as medidas da Xunta a prol do galego

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, enumerou na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia unha serie de medidas para que a situación do galego mellore e non sexa unha lingua discriminada. Porén, a oposición cualificouno de “ineficaz” xa quebota en falta unha análise e descripción por parte de Valentín García sobre os datos e informes do uso do galego na atualidade.

Olalla Rodil, voceira de Educación no BNG, di que ningunha política de normalización lingüística se pode desenvolver sen ter en conta o ámbito educativo. “A escola actúa como un axente de desgaleguización”, di Rodil. Por outra parte a deputada no Parlamento de Galicia por En Marea, Ánxeles Cuña, expón que “non se pode separar o que pasa en Madrid do que pasa en Galicia” porque se o PP acada bos resultados nas eleccións xerais “porá en marcha un programa que declara a guerra ás linguas co-oficiais”, di Cuña.