A oposición critica a viaxe “improvisada” e “inútil” de Feijóo a México

Porén, o PP mantén que se produciron contactos "de interese" para Galicia

A viaxe institucional de Núñez Feijóo a México a semana pasada está a suscitar polémica no Parlamento galego. Este luns, a voceira do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta de volver coas “mans baleiras” e sen “anuncios relevantes” para o país, poñendo de manifesto que o seu desprazamento foi unha “tomadura de pelo” para a cidadanía.

- Publicidade -

Ana Pontón: “Feijóo volveu coas mans baleiras e sen anuncios relevantes”

Máis crítico no seu discurso foi Fernández Leiceaga, líder do PSdeG, quen cualificou esta viaxe de “intranscendente, improvisada e inútil”. Francisco Casal, deputado de En Marea, instou a Feijóo a “estudar” as propostas do seu grupo para que se decate das “verdadeiras preocupacións” da sociedade galega.

Feijóo deberá dar explicacións no Parlamento

Os tres partidos da oposición pedirán á Mesa do Parlamento que Feijóo compareza no Hemiciclo para dar conta dos asuntos que motivaron a súa viaxe, así como as conclusións obtidas da mesma. Pola súa banda, o grupo popular defende este desprazamento do presidente da Xunta, alegando que a oposición critica “sen escoitar” a valoración do Goberno de Galicia. O seu voceiro parlamentario, Pedro Puy, mantén que a viaxe serviu para establecer “contactos políticos interesantes”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego