Home Programas Espazo Aberto A oposición, contra os recortes na sanidade pública galega

A oposición, contra os recortes na sanidade pública galega

0
A oposición, contra os recortes na sanidade pública galega

En Marea e PSdeG preguntaron ao presidente sobre a situación da sanidade galega. Deste xeito, os grupos da oposición denunciaron na sesión de control ao Goberno que, desde o ano 2009, Feijóo non deixou de desmantelar a sanidade pública. Luís Villares, voceiro de En Marea no Parlamento Galego, realizou esta mañá unha crónica do estado actual da sanidade no noso País, acusando ao PP de provocar unha “redución de dereitos

Ademais, o voceiro do PSdeG-PSOE, Xoaquín Fernández Leiceaga pediu esta na propia sesión de control ao Goberno políticas para estabilizar laboralmente o Sergas.

Nun ton agresivo, Feijóo acusou aos grupos da oposición de apocalípticos por describir “un servizo africano” ao mesmo tempo que se amosou “orgulloso” do Servizo Galego de Saúde.