Home Programas Espazo Aberto A oposición acusa á Xunta de aproveitar a dixitalización para “ocultar un xigantesco negocio”

A oposición acusa á Xunta de aproveitar a dixitalización para “ocultar un xigantesco negocio”

0
A oposición acusa á Xunta de aproveitar a dixitalización para “ocultar un xigantesco negocio”

O Parlamento acolleu hoxe un Pleno no que se debatiu sobre os avances das novas tecnoloxías e sobre a súa xestión por parte da Xunta. O deputado do BNG Luís Bará explica que Galicia está á cola de España no ámbito dixital.

Bará recrimínalle á Xunta que non faga nada por impedilo e que ademais haxa unha falta de transparencia por parte do goberno neste eido. “Hai un decorado. Ocultan que cada vez temos un goberno máis opaco e aproveitando a dixitalización ocultan un xigantesco negocio privado”. Pola súa banda Juan Manuel Díaz Villoslada, deputado do PSOE, di que o proxecto de lei da Xunta de cara á dixitalización “chega tarde, non garante os novos dereitos dixitais da cidadanía e é pouco ou nada ambicioso para á economía dixital de Galicia”.

Luis Villares, voceiro de En Marea, ademais de denunciar tamén a privatización que exerce a Xunta na xestión da administración, di que no ámbito tecnolóxico hai que avanzar cara á equidade, a competitividade e o carácter público, e asegura que o acceso público ás redes de información debe ser un dereito básico da cidadanía.