Home Programas Espazo Aberto A ONU pide a apertura de fronteiras ante os máis de 70 millóns de persoas refuxiadas e desprazadas

A ONU pide a apertura de fronteiras ante os máis de 70 millóns de persoas refuxiadas e desprazadas

0
A ONU pide a apertura de fronteiras ante os máis de 70 millóns de persoas refuxiadas e desprazadas

O número de persoas que fuxen da guerra, a persecución e os conflictos superou os 70 millóns no ano 2018, o nivel máis alto que ACNUR rexistrou nos seus case 70 anos de historia. Ante isto, e sendo o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, a ONU chama á apertura de todas as fronteiras.

Entre o 70,8 millóns de persoas que se viron obrigadas a fuxir dos seus fogares atópanse o 25,9 millóns de persoas que son refuxiadas. Delas, máis da metade son menores de idade. Ademais, estímase que hai 10 millóns de persoas apátridas a quen se lles negou unha nacionalidade e acceso a dereitos básicos como saúde, educación, emprego e liberdade de movemento.