Home Programas Área Compostela A olímpica Carolina Rodríguez, protagonista do V Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica

A olímpica Carolina Rodríguez, protagonista do V Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica

0
A olímpica Carolina Rodríguez, protagonista do V Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica

A quinta edición do Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica conta cunha gran novidade: as e os participantes poderán coñecer en primeira persoa ás ximnastas Sara Llana, Paula Serrano, Olatz Rodríguez, Polina Berezina e a olímpica Carolina Rodríguez, que exercerá como “madriña” do evento. Noa Morales, concelleira de Deporte de Santiago, Wendy Rey, presidenta do Club Viravolta, e Chema Fernández, de Jael Xoiería, presentaron esta mañá os detalles da competición na sala de prensa do Pazo de Raxoi.

A recadación íntegra da taquilla destinarase á Fundación Andrea

Preto de 600 ximnastas de 23 clubes procedentes de toda Galicia participarán este domingo 10 de xuño no torneo, cuxa principal característica e o seu carácter solidario, xa que a recadación íntegra da taquilla —cada entrada custa 5 euros— será destinada á Fundación Andrea. Así e todo, Wendy Rey quixo facer énfase na crecente participación masculina neste deporte, especialmente en Galicia.

As competicións comezarán ás 9.00 horas nas categorías sénior, cadete, infantil, alevín, benxamín e prebenxamín, e rematarán arredor das 14.00h cun desfile e a entrega de trofeos. O xurado estará composto por Marta Bobo, Elena Sierra, Sandra Estrada e Marián Fernández.