Home Programas Espazo Aberto A ocupación media dos balnearios galegos chegará ao 90% durante a Semana Santa

A ocupación media dos balnearios galegos chegará ao 90% durante a Semana Santa

0
A ocupación media dos balnearios galegos chegará ao 90% durante a Semana Santa

A situación de ocupación dos balnearios galegos por Semana Santa mellorou moito nos últimos anos. A previsión da Asociación do sector en Galicia sinala que durante estes días a ocupación dos seus establecementos chegue ao 90% de media cun importante número deles que acadarían o 100%.

O xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, salienta que estas cifras débense a que contan cunha “oferta variada, de calidade e, ademais, altamente competitiva”. Outra das razóns sería que “os balnearios galegos xa gozan dun prestixio, os usuarios posúen un coñecemento cada vez mellor das súas ofertas, ao que se suma a existencia de programas terapéuticos cunha demanda crecente”.

Balnearios nas catro provincias

Un total de 19 balnearios situados nas catro provincias galegas integran esta asociación. Na provincia de Lugo están o de Guitiriz, Augas Santas e as Termas Romanas de Lugo. Na provincia de Ourense pertencen os de Baños de Molgas, Arnoia, Laias, Lobios, O Carballiño e Caldas de Partovia. Na provincia da Coruña atópanse o balneario de Carballo e o de Compostela. E na provincia de Pontevedra atópanse os de Acuña e Dávila, Termas de Cuntis, Baños de Brea, Caldelas de Tui, Illa da Toxa, Gran Hotel La Toja e o Balneario de Mondariz.