Home Programas Espazo Aberto A obra de María Victoria Moreno visitará 11 concellos galegos

A obra de María Victoria Moreno visitará 11 concellos galegos

0
A obra de María Victoria Moreno visitará 11 concellos galegos

Xunta, Consello da Cultura Galega e Real Academia presentaron a programación oficial das Letras galegas 2018 que este ano homenaxea á escritora María Victoria Moreno.
Román Rodríguez, por parte da Consellaría de Cultura, Ramón Villares e Victor Freixanes, representando á RAG e Consello da Cultura respectivamente, xunto á unha represnetante da CRTVG, resumiron boa parte das actividades que este ano xirarán en torno á dobre dimensión de Moreno, a docente e a literaria.

Exposición e difusión polos centros de ensino

Como en edicións anteriores da máxima festa das nosas letras, a Consellaría de Cultura realizará unha exposición conmemorativa itinerante que nesta ocasión levará por título “María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes”. Nela poderemos descubrir a obra da autora a través de ilustracións dos seus libros amosando unha galería dos seus personaxes máis característicos. A mostra comezará na cidade de Compostela para logo desprazarse a ao concellos máis das catro provincias galegas.

Cada vez é máis importante a repercusión dos actos das Letras Galegas no ámbito educativo. Por este motivo despregaranse por preto de 2000 puntos do país e do exterior os proxectos escolares gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018, no que participaron un número importante de centros de ensino galegos.