IRPH Stop Gipuzkoa

O avogado xeral da Unión Europea Maciej Szpunar vén de publicar un informe que abre as portas a que as hipotecas pasen por control xudicial e poidan ser anuladas por abusivas e pouco transparentes, como denunciaban diferentes colectivos e afectadas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Este informe de Szpunar é o último paso antes de coñecer a sentenza definitiva, que aínda tardará uns meses. A miúdo, a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea ten o mesmo sentido que a avogacía xeral, equivalente á figura do fiscal na xustiza española.

O IRPH

O Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarias foi un índice hipotecario presentado como alternativa ao Euribor, cando este subía e era inestable. O IRPH foi amosado pola banca como un índice estable e sen risco, mais os diferenciais que afectan ao seu cálculo mudaron e remataron por provocar uns intereses inxentes e inasumibles para as persoas afectadas con hipotecas baixo este índice.

A loita xudicial pola súa nulidade foi comezada por IRPH Stop Gipuzkoa. Ante varias demandas colectivas e individuais, en 2017 o Supremo declaraba “non abusivo” o IRPH. En 2018, a xustiza europea posicionouse a favor dos clientes afectados e o estado español volveu defender os intereses da banca. 

Agora, este informe abre a porta á devolución das hipotecas ás persoas afectadas, que en Galicia son unhas 30.000 persoas. Haberá que agardar ata finais de ano para coñecer a sentenza definitiva.

Como aconteceu coas cláusulas chan, a banca sería a maior prexudicada: unha sentenza favorable do TXUE obrigaríaa a devolver os intereses cobrados, que rondarían os 10.000 millóns de euros segundo distintas estimacións.

 

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -