Alguén pensou nos coidados á hora de artellar as fases de desconfinamento? A paulatina volta ao traballo vese afogada polos nulos recursos de conciliación existentes. “A imposibilidade de conciliar é unha forma máis de violencia machista“, denuncian dende as Maternidades Feministas en Compostela, MATERFEM.”A nova realidade debería poñer a conciliación no centro de debate” e apuntan: “a conciliación debe deixar de ser un privilexio dunhas para converterse nun dereito de todas”.
“A nova realidade debería poñer a conciliación no centro de debate”
Maternidades Feministas en Compostela denuncia que a imposibilidade de conciliar é unha forma máis de violencia machista