A nova normalidade entra no Museo de Pontevedra cunha aposta pola realidade virtual e as visitas autoguiadas

A equipa de Nós Televisión adéntrase neste emblema cultural da cidade para falar con José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra

A interacción das persoas, entre si mesmas e con outros elementos, atópase nun momento de reinvención tras a COVID-19. O Museo de Pontevedra volve aos poucos á normalidade cunhas apostas claras e decididas: o uso das novas tecnoloxías como un reforzo de contacto entre a persoa e a arte.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego