As organizacións ecoloxistas levan advertindo das carencias da Lei de Patrimonio Natural dende o seu anuncio en 2017 xa que en ningún momento a Xunta admitíu a participación das propias asociacións. Nos últimos meses, Alberto Núñez Feijóo mesmo apurou os prazos no Parlamento para o rápido debate e aprobación da norma pese as críticas da oposición.
Os colectivos Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Rede Galega de Custodia do Territorio e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) consideraban esta lei “unha mofa” polo que se reuniron coa oposición para realizar unha enmenda á totalidade da lei que, finalmente, foi aprobada cos únicos votos do PP. As organizacións ecoloxistas lamentan as carencias desta lei entre elas, por exemplo, que non inclúan as especies invasoras.
O #PP négase a crear na súa Lei de Patrimonio Natural o Catálogo de especies exóticas e invasoras. Deste xeito “temos menos oportunidades de loitar contra unha das principais ameazas da biodiversidade”, di .@AntonSanchezG #DePPena #Lamentable #AsíNon #SaldosFeijóo pic.twitter.com/h9C0xvFO69
— Salvemos Cabana (@salvemoscabana) July 31, 2019
Tamén ven “incomprensible” que a lei limite a superficie que pode ter unha área para ser declarada como parque natural. Para estas organizacións, a intención da Xunta é clara: “que non se declaren máis Parques Naturais”.